O pasado 27 de maio de 2011, según anuncio do BOP 130, de 9 de xunio, a Diputación Provincial de Lugo fixo pública a adxudicación da "instalación náutica no encoro de Salime", por un importe total de 129.571,69 € (IVA Incl.). As obras ubicaranse nas inmediacións da capela "Virxe da Veiga", e consistirán na construcción dun pantalán de madeira que permita o amarre de embarcacións de titularidade pública e privada. Dita actuación ven a refrendar o compromiso que a Excma. Diputación Provincial de Lugo ten co concello de Negueira de Muñiz, ó tempo que da cobertura a unha imperiosa necesidade do noso territorio, tan vencellado ás augas do encoro. O adxudicatario responsable da execución é Marine System Europa, S.L., e o prazo de execución da mesma é de 6 semanas.
¿Que paréceche o novo portal do Concello?